Rosana Pérez pide a comparecencia da Secrearia de Educación por anunciar máis recurtes nas Erasmus
Rosana Pérez critica os continuos anuncios do Ministerio de modificar, recurtar e cambiar nas bolsas Erasmus que están a provocar un grande desconcerto e inestabilidade no alunado universitario, que a estas alturas xa non sabe a que aterse.
Educación elitista
A deputada do BNG alude ao último anuncio do Ministerio de Educación de dividir as Erasmus en dúas bolsas, e destinar unha cantidade máis alta, 350 euros mensuais, aos alunos que teñan notas mais altas e un nivel de idiomas máis alto. Días atrás anunciaron que ían recurtar a duración das Erasmus. E así estamos cun constante goteo de anuncios que se traducen nunha merma das bolsas e axudas ao estudo, e na implantación de criterios que supoñen o estabelecemento dunha educación elitista.
Como sempre, puntualiza a deputada do BNG, Wert carga contra o dereito á educación universal, carga contra o alunado que pertence a familias con menos recursos económicos e que o teñen mais difícil. A exixencia dun alto nivel idiomático prexudica aos estudantes máis desfavorecidos que non se poden pagar preparacións de idiomas ou cursos similares.
Rosana Pérez pide ao Ministro de Educación que adopte medidas para evitar que os estudantes de familias con menos recursos económicos non queden excluídos deste tipo de bolsas e axudas.