Rosana Pérez pide ao Goberno que preste axuda ao armador ribeirense do "Eros", retido en Liberia
Rosana Pérez pregunta ao Executivo se está atento á preocupante situación do barco pesqueiro Eros de bandeira portuguesa pero propiedade do armador ribeirense. Que xestións realizou para axudar a este cidadán español que alega ter sido vítima dun engano na cuestión do prazo de duración da licenza de pesca.
Vai o Goberno a interesarse pola difícil situación deste armador e os 19 membros da súa tripulación que xa están nun estado preocupante desde o punto de vista humano, económico e xurídico? Considera o Goberno que goza das garantías xurídicas pertinentes cando lle cambiaron varias veces a contía da sanción?, son algunhas das cuestións que dirixe ao Executivo.
O Goberno debe preocuparse pola situación de Manuel Alberto Suárez
Rosana Pérez demanda ao Executivo que fale co armador galego e coa súa familia a fin de lle facilitar toda a axuda necesaria. A deputada do BNG descrebe na súa iniciativa este caso: desde o pasado mes de febreiro permanece retido en Liberia o pesqueiro Eros do armador galego, Manuel Alberto Suárez e cunha tripulación de 19 membros. Foron acusados de sabotaxe económico con intención de pesca ilegal.
A parlamentar nacionalista pón de manifesto que o armador ribeirense alega que cando decidiu faenar en Liberia mercou por 400.000 dólares unha licenza privada a unha das axencias marítimas autorizadas polo Goberno liberiano, que exixe facer os trámites con empresas de alí. Sinala o propietario que foi enganado en canto aos prazos da licenza, de feito que en febreiro estaba caducada.
O armador nega que a licenza fose falsificada, e que actualmente a axencia que fixo os trámites está desaparecida. Rosana Pérez traslada ao Goberno a lóxica preocupación por un barco que leva meses retido en Monrovia, á cuestión humanitaria únese o tema económico posto que se lles piden grandes sumas de cartos por diversas sancións. Viven no barco e as condicións son difíceis. Por riba se aproximan as datas de Nadal e non se poden mover porque lles retiraron os pasaportes.
Ademáis, Rosana Pérez subliña que o propietario do barco pediu asistencia diplomática pero sen moito éxito. A tripulación do Eros e o armador se sinten desprotegidos e abandoados á súa sorte nun páis lonxano e envolto nun auténtico lío xudicial.