Rosana Pérez pide ao Director de Salvamento que explique no Congreso a operación do "Santa Ana"
A deputada do BNG tamén presentou unha iniciativa parlamentar para interpelar ao Goberno sobre as tarefas de resgate dos corpos e para coñecer a quen corresponde a direción do operativo.
Rosana Pérez quer saber quen conforma o dispositivo de resgate, a quen corresponde o mando da mesma, se á Garda Civil ou a Salvamento Marítimo, e quen coordena toda a operación. Especialmente, quer coñecer que órgao está encarregado de informar ás familias dos mariñeiros aínda desaparecidos da evolución das labores.
Outra das preguntas é a concerniente ás causas do afundimento do pesqueiro.
Rosana Pérez sinala que efectivamente nas operacións participan efectivos da Garda Civil e de Salvamento Marítimo pero descoñece quen coordena os traballos. A deputada do BNG recoñece que se trata dunha tarefa moi complicada, arriscada e que debe contar tamén coas condicións favorábeis do mar para poder desenvolverse con garantías de seguridade para as equipas de buceadores.
Pón de manifesto que a día de hoxe se deu por concluida a labor de rastreo no interior do pecio posto que se descarta que os dous mariñeiros que aínda están desaparecidos estean dentro do barco. A partir de agora a busca vai estar no mar e no entorno marítimo. A parlamentar nacionalista destaca que as familias que aínda agardan pola recuperación dos cadáveres dos dous mariñeiros restantes, queixáronse pola falla de direción clara do operativo de resgate e consideran que existen deficiencias na xestión que lles provoca unha grande angustia.
De aí que a deputada do BNG considere importante que o Goberno aclara estes aspeitos e informe.