Rosana Pérez exixe ao Goberno que concrete xa o pedido de buque para aArmada a construir en Navantia
Como é posíbel que a estas alturas, após de anunciarse o día previo ao inicio da campaña eleitoral ao Parlamento Europeo, aínda non se teña concretado o pedido?, pregunta Rosana Pérez. Quen sinala que ao Goberno lle faltou tempo para anunciar un día antes do comezo da campaña das elecións europeas, o encargo dun buque da Armada para os estaleiros públicos de Navantia na Ría de Ferrol, que se adornou co trunfalismo do inicio da construción do flotel de Pemex.
Rosana Pérez critica asemade o que está a suceder co flotel de Pemex. Parecía que desde o Goberno central e desde a Xunta se daba por solventado o grave problema da falla de carga de traballo nos estaleiros en Ferrol, máis, como nos temíamos, os problemas seguen vixentes e a preocupación dos traballadores pola ausencia de traballo pervive no día a día.
Inmovilismo, pasividade e indiferenza do Goberno
A deputada do BNG engade que xa estamos acostumados aos anuncios cheos de promesas aos que despois seguen feitos descorazonadores. Reprocha ao Goberno que máis dun mes após do anuncio de contratación dun Buque de Acción Marítima para Navantia, continúa sen concretarse.
Mentras tanto, subliña Rosana Pérez, o tan traído e levado flotel de Pemex apenas ocupa a unhas decenas de traballadores porque se decidiu subcontratar boa parte do traballo. O groso da plantilla de Ferrol e Fene segue sen traballo, uns 200 operarios están a realizar cursos de formación e outro grupo está na división de Reparacións.
Máis, lamenta, parece que se vai subcontratar o 70% do buque para Pemex. Denuncia a deputada do BNG que Navantia non informe á plantilla nin siquera das condicións das subcontratacións.
Pón de manifesto que este era o horizonte fixo e seguro co que contaban os estaleiros da Ría de Ferrol após de comprobar que non ían participar no quinto gaseiro de Gas Natural. Sinala que o inmovilismo, a pasividade e a indiferenza siguen a ser as tónicas que rixen as decisións do Goberno.
Por estos movitos dirixe unha batería de preguntas ao Executivo: É verdade que o 70% da construción do flotel para a petroleira mexicana Pemex se vai subcontratar á industria auxiliar? É consiente de que sigue condenando á plantilla de Navantia á inactividade? Que lóxica ten entón publicitar un flotel que non vai dar carga de traballo aos traballadores dos estaleiros públicos?.
Quer que o Goberno aclare que número de traballadores da plantilla de Navantia vai participar na construción do flotel.