Rosana Pérez denuncia que os billetes de tren de media distanza subiron un 23% desde 2010
A deputada do BNG contrastou os bos resultados do Plan comercial explicado polo Presidente de Renfe en relación ao AVE e longa distanza, co abandono existente en canto á media distanza que é o que hai en Galiza, posto que non temos cercanías.
En 2009 o prezos para esta modalidade ferroviaria subiron un 3,9%, en 2010 un 7%, en 2012 case un 11% ,en 2013 un 3% e en 2014, un 1,9%. Segundo os seus dados, no periodo 2010-2014 a suba media é de 23% en tres anos aproximadamente. Uns incrementos de tarifas que contrastan coa situación económica da cidadanía.
Só se preocupan pola política comercial do AVE e longa distanza
Reprochou ao Presidente de Renfe que só teñan ollos para o AVE e a longa distanza, mentras que a media distanza, o que temos en Galiza, é o patito feo. E acusou a Fomento de empiorar o nivel de usuarios ferroviarios coa posta en marcha do Plan de Racionalización que eliminou servizos e frecuencias, iso si, Galiza está maravillosamente conectada con Madrid, afirmou con ironía.
Tamén ironizou coas competencias en relación a que órgao o u Ministerio é o responsábel de aumentar as tarifas ferroviarias. Vostede dí que o réxime tarifario non é da autonomía de Renfe, senón que depende de Economía. Entón, a responsabilidade será de alguén?.
Rosana Pérez demandou ao Presidente de Renfe que se paralicen as tarifas e non haxa máis incrementos na media distanza. A cumpricada situación económica de millóns de persoas, debería levar ao Goberno a vetar ou prohibir subas de tarifas, sobre todo onde non existen as cercanías.