Rosana Pérez acusa ao Goberno de "pretender comerciar cos permisos de residencia"
Esta proposta foi verbalizada hai dous días polo Secretario de Estado de Comercio quen anunciou a intención do Executivo de modificar a Lei de Estranxería para dar permisos de residencia aos que adquiran unha vivenda por máis de 160.000 euros. Medida destinada sobre todo aos mercados ruso e chino, dixo.
Cando vai modificar a Lei de Estranxeiría?
Rosana Pérez pregunta ao Goberno cando vai presentar a modificación da Lei de Estranxeiría e se o vai facer botando mán dun Real Decreto ou dun proxecto de lei. Sabe o Goberno que o estoupido da burbulla inmobiliaria puxo de manifesto a imperiosa necesidade de investir en desenvolvemento tecnolóxico, en I+D+I, en cambiar o modelo económico. Máis lamentabelmente o Executivo vai na dirección contraria, defende os intereses da banca.
A deputada do BNG acusa ao Executivo de tropezar na mesma pedra e dar de comer á especulación pura e dura. Por riba, comercia cos permisos de residencia, compra de piso a cambio do permiso, o que dará lugar a un tráfico comercial alarmante. O Goberno abre a espita a outro negocio fraudulento, a especulación está servida.
Non cre que está instaurando dúas clases de estranxeiros, os que poden pagar un piso e os que non?, pregunta a deputada do BNG.
Rosana Pérez demanda ao Goberno que en lugar de defender constantemente os intereses da banca, aposte pola creación de vivendas sociais, tanto de compra como de aluguer, a prezos asequíbeis para as familias e dacorda ás súas condicións económicas.