Rodas afirma que Mar pode modificar a Orde que prohibe pescar a sardiña
O deputado do BNG, Daniel Rodas animou a Rosa Quintana a reclamar de Madrid a modificación e no suposto de recibir unha negativa exercer as competencias galegas en augas galegas para conseguilo
Pleno.- O deputado do BNG, Daniel Rodas formulou unha pregunta á conselleira de Mar, Rosa Quintana relativa á necesidade de reclamar ante Madrid a modificación da actual orde que prohibe a pesca da sardiña para outras artes distintas o cerco.
O parlamentario explicou que a día de hoxe, artes distintas ao cerco teñen prohibida a pesca de sardiña que obriga a un elevado número de embarcacións tradicionais a non pescala durante os próximos tres anos.
A conselleira do Mar, Rosa Quintana respondeu que estamos intentando evitar que nos apliquen un Tac da sardiña e resulta máis doado negociar con Portugal que co resto dos países da Unión europea e dende o tratado de Lisboa, as augas interiores tamén están suxeitas á norma europea
A sardiña non está suxeita a competencias europeas retrucou Rodas á conselleira e reiterou que a orde que prohibe pescar sardiña compete a augas exteriores. Se vostede tivera dignidade, dixo, estariamos pescando en augas interiores con total normalidade, exerza as súas competencias e as reivindicacións do sector, concluíu o nacionalista.