Proposición do BNG no Congreso para aumentar as prazas e servizos no conxestionado Eixo Atlántico

A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, presentou unha proposición non de lei na Cámara para ser debatida na Comisión de Fomento na que demanda ao Ministerio que incremente os servizos ferroviarios, ou as prazas dos trens do Eixo Atlántico entre A Coruña e Vigo nas xornadas dos venres e dos domingos.

Renfe debe atender a alta demanda no Eixo Atlántico

Rosana Pérez pide a Renfe que atenda axeitadamente a alta demanda de viaxeiros e solucione a elevada saturación que estos servizos padecen todos os venres e domingos, días nos que viaxan centos de estudantes universitarios. Critica a deputada do BNG o inmovilismo de Renfe e, sobre todo, que “pretenda que nos conformemos co que hai. Non é admisíble que semana tras semana centos de persoas viaxen de pé e coas equipaxes por todas partes”.

Afirma a deputada do BNG, que “por moito que Renfe se empeñe en dicer que está dentro da norma, para o BNG isto non debe ser a norma. Non imos conformarnos con trens ateigados de xente, viaxando como se fosemos mercadoría.

O pagamento dun título ferroviario debe conlevar certas condicións. E se existe unha alta demanda, poios que a atenda con máis servicos, ou máis prazas”.

A xente non pode viaxar como se fose mercadoría

Desde logo, enfatiza a deptuada do BNG, o Eixo Atlántico é unha liña “absolutamente rendábel”. Reprocha de novo a deputada nacionalista que Renfe emprace aos estudantes a mercar os billetes de Tarifa 4 para segurar o asento cando son moito máis caros. “Desde logo é non entender o mundo económico dos estudantes de Universidade, sempre van mercar o billete máis económicos porque son estudantes e non conselleiros de banca”.

Ademáis, a parlamentar do BNG cuestiona que se cumpran as marxes de seguridade con persoas viaxando de pé e coas malas estendidas polos vagóns. Rosana Pérez pide a Renfe que “deixe de dar excusas de mal pagador e cumpra debidamente, ofertando un servizo en condicións óptimas, en lugar de trens conxestionados”.