O PP responde ao BNG que é "suficiente" o apoio da Xunta á Feira do Moble da Estrada
O deputado Daniel Rodas instou á Xunta a comprometer no orzamento do 2015 a dotación económica necesaria para o mantemento da Feira de Exposicións e Congresos da Estrada
O deputado do BNG, Daniel Rodas defendeu hoxe unha Proposición non de lei na comisión de Industria relativa ao compromiso económico da Xunta que permita á Fundación Feira e Exposicións da Estrada levar a cabo os diferentes eventos relacionados co sector do moble e empresarial.
Rodas explicou que a Feira da Estrada está considerada como a maior feira sectorial do moble de Galiza e unha das principais do Noroeste peninsular grazas ao esforzo dos mobleiros e o apoio económico das institucións. Neste sentido, insistiu na necesidade manter a continuidade da feira a pesar, dixo, da crise económica e a falta de compromiso político.
Estamos a falar, dixo, dunha exposición con máis de 100 estands e pola que pasaron máis de 100.000 persoas. Rodas criticou que os compromisos do Partido popular se circunscriban exclusivamente a períodos electorais. O presidente da Xunta afirmou o deputado, ofreceu o seu apoio a Feira e volveu recuperar o vello proxecto da cidade do moble como xa fixo no ano 2011 pero moito nos tememos, advertiu, que todo será outra promesa incumprida. Estamos, recalcou, ante unha comarca na existe un sector extratéxico e cun s plan sectorial en marcha para regularizar as irregularidades cometidas polos diferentes gobernos do PP no plano das infraestruturas e promoción da Feira.
A realidade do sector da madeira e do moble, é un espello perfecto para ver como está o resto do país, incidiu o nacionalista.O deputado volveu reclamar un cambio de rumbo do Partido popular que mantén no concello da Estrada un control clientelar e de seguir impedindo que se desenvolve este sector, a xente, acabará marchando.
Finalmente, o grupo do Partido popular votou en contra da iniciativa nacionalista asegurando que a Feira de Exposición e Congresos conta con apoio suficiente da Xunta de Galiza.