PP opónse á proposición asinada polo BNG para que se lle concedese o asilo político a Hassana Aalia
A proposición foi apoiada por todos os grupos da oposición pero non prosperou debido ao voto en contra do PP.
O BNG rexistrou xa no pasado mes de xaneiro varias iniciativas parlamentares demandando a suspensión da expulsión do mozo saharaui e pedindo que se lle dese o asilo político. Debe lembrarse que o Goberno español notificou hai unhas semanas a Hassana Aalia a denegación do asilo político a pesar da súa fráxil e compricada situación. Este mozo foi condenado polo réxime marroquino a cadea perpetua pola súa participación nos actos de protesta do campamento de Gdeim Izik, salienta Rosana Pérez.
Aalia viven en Bilbo desde o ano 2011 grazas a unha bolsa de estudos lingüísticos. É unha persoa implicada na defensa dos dereitos humanos do pobo saharaui, un activista que leva anos levando a voz deste pobo oprimido por distintos lugares do planeta. Hassana Aalia é obxecto de persecución política por parte das autoridades marroquinas desde a súa participación nos actos de protesta pacífica en defensa dos dereitos humanos e políticos do pobo saharaui no Campamento da Dignidade no ano 2010.
Condenado a cadea perpetua por Marrocos
Marrocos respostou a aquela acción pacífica con represión, detencións e torturas. Un dos detidos foi Aalia, foi xulgado e liberado sen cargos. Máis, aí non queda a cousa, porque mentras vivía en Bilbo en febreiro de 2013 enteirouse através dunha emisora online de que era condenado a cadea perpetua por parte de Marrocos.
Hassana pediu o asilo político pero o Goberno español continúa insensíbel perante unha cuestión de dereitos humanos,e denegoulle o asilo a pesar de ser un caso evidente de persecución política. A súa volta terá consecuencias terríbeis para a súa vida. Para a parlamentar do BNG o Goberno español estaría alineándose coas políticas represivas practicas polas autoridades de Marrocos e lle da credibilidade a un réxime dictatorial que practica unha auténtica política de exterminio do pobo saharaui.