O PP non apoia que a cidade de Vigo acolla no 2016 a Feira Mundial da Pesca
Carme Adán solicitaba na iniciativa un compromiso do Goberno galego para garantir a celebración da World Fishing Exhibition en Vigo, tras a súa cancelación no ano 2015
Os votos desfavorables do Partido popular impediron que prosperara na Comisión de Pesca, que se está a celebrar no Parlamento galego, unha iniciativa do BNG ao fin de garantir que a Feira Mundial de Pesca se celebre en Vigo no ano 2016.
Na súa intervención, Adán lembrou que a pesar de ser unha Feira organizada dende a iniciativa privada, a World Fishing Exhibition sempre contou coa colaboración das administracións públicas, agora vostedes votan en contra de garantir a súa celebración dixo sorprendida a deputada nacionalista tras anunciar o portavoz popular unha emenda co fin de substituír o termo garantir por colaborar.
Na quenda de resposta, a nacionalista cualificou de inaudito que nun país normal o seu Presidente acepte perder a posibilidade de realizar unha Feira Mundial de Pesca sabendo o que significa para a economía e o desenvolvemento do sector un evento destas características, constata a súa desafección co país que goberna afirmou a deputada.
O Goberno galego, dixo, xa non demostra seguera inacción, o que demostra é unha jetada tremenda e máis por amparase en que a Feira é unha cuestión que atinxe só as empresas que a organizan como se este encontro mundial na cidade de Vigo non fora con él.
Adan reprochou ao portavoz do PP, Xosé Manuel Balseiro votar en contra dunha iniciativa que reclamaba a celebración do cumio de Ministros de Pesca como se celebrou noutras ocasións, agora vostedes van converter Galiza en algo residual porque non lles interesa este País nin a nosa proxección fora del.
A deputada afirmou que o texto defendido polo BNG era de mínimos para pedir a colaboración do Goberno galego, Ministerio e o Concello de Vigo co Comité Executivo para que no ano 2016 se poida celebrar a Feira Mundial da Pesca en Galiza.