O PP nega a presenza de Galiza para negociar a política pesqueira común
O PP vota en contra dunha proposta do BNG para acadar "relevancia política e presenza real de Galiza" nos acordos pesqueiros da U.E.
Daniel Rodas reclamou eliminar as medidas agresivas que conducen á flota galega a súa desaparición.
O portavoz de Pesca do BNG, Daniel Rodas lamentou hoxe o voto desfavorable do Partido popular á iniciativa nacionalista que reclamaba accións da Xunta no marco da política pesqueira común 2014-2020 dun novo acordo para prohibir os descartes pesqueiros de xeito gradual.
Neste sentido, engadiu que na actualidade, Galiza non conta coa presenza política necesaria para acadar acordos en política pesqueira como acontece cos descartes, e acusou ao Partido popular de conivencia coas políticas pesqueiras da UE para abocar á flota galega ao desguace.
Para o deputado, a política pesqueira basease en criterios fora dunha realidade que discrimina a Galiza, criterios, dixo de protección de recursos, dereitos de pesca que permitiron cotas a países que non pescaban e fundamentalmente, o principio de estabilidade relativa que impide que Galiza poida pescar máis de tres especies e nos outorga cotas ridículas en comparación con Francia, Reino Unido ou Irlanda.
Galiza ten asignada unha cota do 3, 7 por cento do rape, mentres Francia ten o 46% a pesar de ser a flota galega a que máis rape pesca de toda Europa, a flota galega reiterou é multiespecífica fronte a outras flotas, nós pescamos varias especies e a pesar da nosa especialización as políticas do Partido popular e europeas nolo están a impedir, recriminou o deputado nacionalistas ao portavoz popular, José Manuel Barseiro
Finalmente, Rodas pediu blindar a pesca artesanal e rematar coas medias agresivas que provocan a súa paralización, por iso, reiterou é necesario que Galiza teña presenza nos foros nos que se decide o seu futuro.