Pontón: Curtis falsea un informe para cobrar unha taxa abusiva polo servizo de emerxencias
A nacionalista criticou a ordenanza que obriga a pagar unhas taxas abusivas nos concellos de Curtis, Sobrado, Vilasantar, Mesía, Cesuras-Oza e Aranga e pediu que emerxencias sexa asumido na súa totalidade pola Xunta de Galiza
A deputada do BNG, Ana Pontón denunciou hoxe, a través dunha pregunta parlamentaria as taxas abusivas que asumirán os veciños e veciñas dos concellos de: Curtis, Sobrado, Vilasantar, Mesía, Cesuras-Oza e Aranga por unha ordenanza sobre o servizo de emerxencias do GES e que mostrou serias dúbidas sobre a súa legalidade.
As taxas penalizan de maneira inxustificada aos veciños e veciñas de Curtis
Para a deputada estase a penalizar a prestación dun servizo de emerxencias ás zonas para as que se creou o Grupo de Emerxencias supramunicipais (GES), sufragado, na súa maior parte pola Xunta de Galiza e Deputación .
Fóra dos servizos de emerxencia, explicou, o Concello de Curtis fai uso deste material dos traballadores para labores propios do concello, que se inclúen dentro da valoración para emerxencias o que indica, en opinión da nacionalista, que o o Concello de Curtis pretende co custe do GES incrementar notabelmente os ingresos a través dunha nova taxa por un servizo de primeira necesidade.
Pola súa parte, o director xeral de Emerxencias asegurou que a Xunta de Galiza asume o 60% do custe dos Ges en materia de emerxencias e prevención e defensa de incendios forestais e son os propios concellos os que deben buscar o financiamento económico para o seu mantemento ao que a deputada respondeu, para o Partido popular a autonomía local é utilizada como escudo para defenderse contra situacións anómalas mentres a Xunta mira para outro lado.
Se tanto defenden os concellos porque non presentaron un recurso contra a lei de Reforma Local, preguntou.
A Xunta responsabiliza aos concellos do mantemento do GES
Por outra parte, engadiu a nacionalista, o estudo do concello de Curtis reflicte que os traballadores do GES representa un custe de 50.000 euros por traballador ao ano, un informe, dixo, baseado en falsidades para poder cobrar unha taxa abusiva porque en realidade o custe total, incluída a seguridade social de 12 traballadores, ascende a 250.000 euros, e dicir, cobrarán a metade, 25.000 euros.
O custe do material tamén resulta desorbitado e non ten sentido o recargo do 50% dos custes cando xa están sobrevalorados e tendo en conta que a Xunta asume o 60%, isto é un abuso dun servizo supracomarcal, recriminou.
Para o BNG, o ámbito das Emerxencias debe depender da Xunta e homologado pero vostedes, afirmou, actúan partidistamente sen importarlles as consecuencias. A Xunta, desentendese do problema e son os veciños e veciñas os que, máis unha vez, deben asumir os custes.
A deputada pediu a supresión da taxa para as persoas que carezan de seguro que cubra o custe do servizo e evitar desa maneira unha carga excesiva ás economías das familias , os os custes que poidan repercutir nas aseguradoras (trafico e construcións aseguradas), que son as mais usuais, serían mais que suficientes para cubrir o custe que lle supón o GES ó Concello de Curtis.
A deputada lamentou o desleixo do Goberno galego para garantir a igualdade dos cidadáns en materia de emerxencias como servizo público esencial ante a defensa da integridade, o seu ben e contorno.