Pontón acusa á Xunta de salvar as autovías mentres medra o paro e a pobreza en Galiza
A deputada lembrou as cifras de desemprego, emigración e desmantelamento dos servizos públicos mentres o Partido popular axuda ás concesionarias privadas das autovías en risco de quebra
Pleno.- A través duna pregunta parlamentaria en pleno ao conselleiro de Ordenación do Territorio, Agustín Hernández, a deputada nacionalista , Ana Pontón puxo de releve a situación de miles de galegos e galegas despregados, os mozos e mozas obrigados a emigrar por falta de alternativas e o incremento da pobreza como consecuencia da política do Partido popular ao que non lle doen prendas despois para rescatar as concesionarias das autovías en risco de quebra económica.
Pontón afirmou que a Xunta deixa tirados a todos estes colectivos e mesmo os culpabiliza da crise poñendo cada vez máis atrancos con recortes en educación, sanidade ou atención á dependencia e negándose a inxectar cartos para reactivar a economía e crear riqueza.
A estas persoas, dixo, ninguén as rescata pero si hai cartos para salvar á banca e as concesionarias das autovías .A nós, afirmou parécenos inmoral e unha estafa e demostra que o modelo privatizador fai augas por todas partes. Ao final, engadiu os galegos e galegas rematamos pagando unhas infraestruturas por riba do que custaron para que determinadas empresas obteñan beneficios e impulsando a porta xiratoria que posibilita garantir o futuro do propio conselleiro.
Pola súa parte, Agustín Hernández mostro o seu malestar por ter que responder, por terceira vez, á pregunta da nacionalista anunciando a reglón seguido Pontón que o BNG traerá ao Parlamento esta cuestión, todas as veces que sexa necesario porque parécenos unha estafa democrática ao conxunto de todos os galegos e galegas.
O conselleiro afirmou que a axuda da Xunta resulta máis barata que quebra e xa negociaron manter o servizo libre de peaxe as autovías do Salnés e Barbanza evitando o custe e responsabilidade da Administración.
A parlamentaria concluíu a súa intervención asegurando que existen intereses espurios na xestión política do Partido popular e algunhas das modificacións introducidas nos orzamentos para certas operacións así o demostran, a mentira é a única arma política que vostedes coñecen e os galegos e galegas deberán pagar sete veces máis por este tipo de concesións público-privadas.