Politica Social non asinará o quinto convenio c@s traballadores de Igualdade e Benestar
A nacionalista lembrou que o propio Feijóo e a exconselleira, Beatriz Mato comprometéronse na Cámara galega a cumprir co quinto convenio
Pleno.- A parlamentaria do BNG, Carme Adán formulou unha pregunta ao goberno sobre as razóns para non asinar o quinto convenio colectivo cos traballadores e traballadoras do Consorcio galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
A parlamentaria, tras saudar aos traballadores e traballadoras do Consorcio convidados ao debate dende a tribuna de convidados e aos concentrados nas inmediacións do Parlamento, asegurou que o Goberno de Feijóo e a conselleira pasaron sete anos tentando convencernos que ata momento de crear a Axencia de Benestar os traballadores non podían ter quinto convenio e a ex-conselleira Beatriz Mato comprometeuse nesta Cámara que no momento que formaran parte da axencia cumpriríase o quinto convenio.
O conselleiro de Política Social anuncia que será negociado un convenio supeditado á dotación orzamentaria
Pola súa parte, o conselleiro de Política social, José Manuel Rey Varela anunciou que será negociado un convenio cos traballador@s con vocación de estabilidade a través dun acordo cos diferentes alcaldes porque depende da dotación orzamentaria ao que a deputada replicou que o importante é garantir os dereitos dos traballadores e traballadoras independentemente da administración que aporte esa dotación, non intente enganarnos.
A pregunta, remarcou a nacionalista, é se o Goberno Feijóo vai cumprir a súa palabra, do ano 2014, cando se comprometeu a que no momento que os traballadores e traballadoras pasaran a formar parte da Axencia Galega de Benestar terían asinado o quinto convenio e non se van a ter que negociar agora un convenio. Despois de dez anos, resulta vergonzoso que nos veña a anunciar que se vai negociar un convenio e que se nega a asinar o quinto convenio.
Os traballadores e traballadoras do Consorcio de Igualdade e Benestar, engadiu a nacionalista, sufriron os mesmos recortes que o persoal funcionario e laboral da Xunta pero non teñen dereito a trienios, nin complementos e cobran un salario inferior, entre o 20% e 30% das persoas que traballan para a Xunta de Galiza.
A deputada lamentou que o titular de Politiza Social, que se comprometeu a que o persoal do Consorcio tivera os mesmos dereitos unha vez pasados á Axencia, agora tenta convencernos de que o problema son os concellos. Estes traballadores teñen dereitos e vostede está obrigado asinar o quinto convenio, concluíu.