Pleno Congreso: O BNG apoia a reprobación de Wert
A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, deixou clara a adhesión e apoio do BNG á proposición non de lei que se debateu no Pleno e pedía a reprobación do Ministro de Educación, José Ignacio Wert.
Rosana Pérez afirmou que "as razóns expostas para reprobar ao Ministro de Educación son moitas. Nunca un Ministro concitou tanta unanimidade na súa contra, desde pais, profesores, reitores até moitas entidades sociais e educativas".
Rosana Pérez afirmou que Wert "desde hai un ano se ven destacando por invadir competencias. E no caso de Galiza é especialmente grave porque o retroceso do galego é espectacular nos últimos anos".
Destacou a súa afirmación de "españolizar aos cataláns". Censuro os ataques do PP á educación e ás CC.AA "que temos lingua propia. A única pretensión de Wert é a de eliminar a diversidade cultural e linguística existente no Estado español, algo inadmisíbel que vai incluso en contra da propia Constitución e os dereitos dos pobos".
Rosana Pérez criticou a cruzada de "Werte e do PP empeñado en invadir as competencias" e denunciou o retroceso que sufriu a lingua galega desde que o PP goberna.
Ademáis, porá de manifesto que en "Galiza incluso sobrepasamos iso e hai moitas entidades e asociacións que piden a demisión do Ministro". E puxo de manifesto que a reforma educativa en preparación ademáis de invadir competencias, "ten un talante totalmente retrógrado con plantexamentos como a segregación de alunos por sexo".