O Plan Gaiás, mera estratexia de marketing para agochar o fracaso da Cidade da Cultura
Ana Pontón cualificou esta mañá o Plan Gaiás de mera estratexia de marketing, un simple power point co que agochar que este goberno non sabe que facer co macro complexo da Cidade da Cultura e que lonxe de xerar riqueza polo de agora só implicou malgasto e despilfarro por parte do Executivo do PP.
Para a parlamentar, non é serio nin riguroso que ao final da lexislatura e cando a Cidade da Cultura supostamente ía ser o grande revulsivo da cultura e da economía deste País, o único que se presenta é moita foto e moita palabrería.
Se o miragre ía chamarse Gaiás... para a economía, o turismo e a cultura do País, por que aínda non se produciu?
De onde van sacar os fondos? preguntou a deputada-, onde están o estudo sociecónomico, o de viabilidade económica-financieira, o de costes, que deben acompañar a todo Plan destas características?.
Miragre Gaiás
Para Pontón, o conselleiro e este goberno carecen de toda credibilidade e preguntou, se o miragre se ía chamar Gaiás, por que aínda non se produciu?.
Neste sentido, lembrou as distintas declaracións feitas tanto por Feijóo como polo conselleiro nas que se falaba da Cidade da Cultura como o grande revulsivo económico, cultural e turístíco de Galiza.
Abran os ollos e vexan a realidade dun sector cultural afogado, que ve como todo o investimento vai parar á Cidade da Cultura
Sen embargo, un ano despois da súa inauguración, continuou a deputada, a realidade é que a cultura se afoga, o sector turístico en Galiza e sobre todo en Santiago rexistra as súas peores cifras e a recesión é maior que no resto do Estado.
Ana Pontón fixo un chamamento ao conselleiro e ao goberno da Xunta para que desperten, abran a ollos e vexan cal é a realidade do Gaiás, o que toda a xente ve e denuncia, un grande despilfarro mentres se reducen cartos para as industrias culturais, para a restauración do patrimonio, para dotar de fondos ás redes de bibliotecas, etc.
Oficinas da Xunta e viveiro de empresas
A deputada nacionalista puxo enriba da mesa algunhas cuestións concretas, ás que o conselleiro non deu resposta, como o proxecto de trasladar oficinas da Xunta á CDC, proposta que ten trampa advertiu- pois van cobrar aluguer, por exemplo o Centro Tecnolóxico vai supor á administración 20.000 euros ao mes.
Deixen de vender fume, paralicen as obras que quedan pendentes e reduzan os costes
Referiuse tamén ao Viveiro de empresas culturais, e ironizou preguntándose como o van constituir cando, ao tempo, están aplicando unha serie de políticas encamiñadas precisamente a que cada día pechen máis empresas destas características.
Sobre a eliminación do Museo da Historia para converter ao Museo da Cidade da Cultura nun centro de exposicións temporais, Pontón cuestionou até que punto ten sentido cando hai tantos espazos que poden coller este tipo de mostras, para volver gastar millonadas como este ano coa exposición Gallaecia Petrea?.
A voceira parlamentar prantexou outras dúbidas, como o feito de que se amplíe o persoal da Fundación en teoría sen incrementar gastos; se duplique Agadic, a través do Centro de Innovación Cultural ou se teime no teleférico cando os estudos din que só compensa a partir do millón e medio de visitas (1,4 ao ano) e os propios cálculos da Xunta falan de medio millón.
O bipartito como argumento
Para Ana Pontón, os propios argumentos de Jesús Vázquez na réplica, volvendo á munición do bipartito para desacreditar as críticas da oposición demostran que, salvo fume, non ten nada que ofrecer, por iso insistiu en que a mellor medida que se pode tomar é paralizar definitivamente os edificios pendentes e reducir custes.
Os problemas deste País concluiu- non se solucionan con marketing, senón cun goberno merecente de tal nome. Pontón reclamou tamén máis diálogo co sector, a quen agredeceu a súa presenza no debate.