Parabéns á Frente Ampla do Uruguai polo triunfo electoral do tándem da esquerda Tabaré-Sedic
O BNG considera que a rotunda vitoria da Frente Ampla confirma a vontade do povo uruguaio de continuar pola vía das transformacións sociais e da defensa da soberanía nacional, iniciada en 2005 co primeiro goberno de Tabaré Vázquez e despois co de José Mujica.
O Bloque Nacionalista Galego considera, por tanto, que a vitoria de Tabaré Vázquez supón o triunfo das políticas de transformación social mais tamén da defensa da soberanía nacional nese país frente ás políticas reaccionarias que asumen gustosamente un papel submiso frente ao hexemonismo dos Estado Unidos.
O BNG trasladou tamén ao Presidente saliente, José Mujica, unha mensaxe de recoñecemento ao labor desenvolvido ao longo dos 5 anos do seu mandato.