Montse Prado pregunta ao Goberno se existe un informe ambiental favorabel á prorroga de ENCE
A deputada Montse Prado afirmou que se goberno utiliza o informe de maneira favorable será cómplice doutra prorroga de ENCE por 75 anos.
A parlamentaria do BNG, Montse Prado preguntou hoxe ao Goberno se existe un informe medio ambiental que permite a prorroga da concesión da factoría de Ence na ría de Pontevedra.
Tras a resposta da conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato quen afirmou que a prorroga corresponde ao Goberno do Estado, a deputada lembrou que Galiza ten competencias para frear a concesión por 75 anos máis e de ser así, resulta evidente que o Partido popular vai ser cómplice e responsable da permanencia de ENCE. O goberno, reiterou, ten competencias outorgadas polos artigos 48 e 49 da Constitución e o artigo 27 do Estatuto de Autonomía ademais de competencias ratificadas por sentenzas do Tribunal Constitucional. Lonxe de exercer as competencias, afirmou, prefiren ser cómplices da empresa amparándose nunha legalidade que vostedes mesmos modificaron para dotar a empresa de instrumentos para perpetuarse na ría de Pontevedra.
Lamentamos, engadiu a nacionalista, que sigan defendendo unha empresa que destrúe a ría. A corrupción, engadiu, tamén é usar o DOG e os informes para facilitar o negociete aos amigos así como usar o palco do Bernabeu por unha exministra do PP, Isabel Tocino detrás de Mariano Rajoy e que hai que lembrar que é membro do consello de Consello de Administración de ENCE. Sra. Mato, non lle parece moita causalidade?, a nós parécenos que o Partido popular, unha vez máis actúa ao servizo de ENCE, concluíu.