Montse Prado pregunta ao director da CRTVG se o PP é o dono dos medios públicos
A deputada criticou o apagón informativo da TVG da multitudinaria manifestación de Vigo contra a privatización do hospital Álvaro Cunqueiro
A parlamentaria do BNG, Montse Prado formulou hoxe unha pregunta na comisión de control da CRTVG relativa á falta de información na TVG o pasado 3 de setembro da multitudinaria manifestación polas rúas de Vigo.
A deputada lembrou que coincidindo coa manifestación o TX 2 emitía a noticia: Os xefes de servizo do hospital de Vigo descartan que a muller falecida se infectase no centro, unha información, dixo, a deputada moi prolixa dende o minuto 16,40 ao 18,42 cun total do xerente para inmediatamente empatar co manifestación de Vigo con imaxes que no reflectían as miles de persoas que nela participaron á eu lle concederon, menos dun minuto. A seguinte información,engadiu titulábase, o PPdG pídelle prudencia a oposición para non alarmar á poboación cun total do voceiro do Partido popular de medio minuto. No mesmo informativo, explicou a deputada, aparecía tamén Feijóo rexeitando o uso político da morte dunha doente, durante 40 segundos. Menos dun minuto a miles de persoas manifestándose e uns cuantos minutos á posición do goberno e do partido popular,recalcou.
Ao día seguinte, no telexornal anunciaron que a conselleira de sanidade comparecería no Parlamento para dar conta do traslado Álvaro Cunqueiro, Feijóo pídelle a xente de boa vontade que se manifeste e confíe en que terá unha atención excelente.
A deputada preguntou ao director da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo se a o PP é o dono dos medios públicos ante o uso continuo que está a facer deles.
Asemade, a nacionalista ilustrou con novos titulares dos servizos informativos da TVG relativos o proceso de traslado do hospital de Vigo, pero ningunha referencia ás múltiples denuncias d@s traballadores e doentes, nin de colectivos, nin información sobre a convocatoria de paro dos traballadores estes días, porque a TVG serve exclusivamente de altofalante do Goberno do PP.
É o Partido popular o dono dos medios públicos deste país, volveu preguntar a deputada.
Sánchez Izquierdo recoñece que a TVG non captou a importancia da manifestación de Vigo
Pola súa parte, o director da CRTVG recoñeceu a falta de previsión da TVG para cubrir informativamente a manifestación, ao entender que non tería tanta envergadura. A hora, dixo, non era a mellor nin ideal para enfrontar unha información desta natureza e de entrada non houbo unha estimación da importancia e do nivel de concentración que ia ter lugar na cidade de Vigo con antelación, non captamos a fondura e a reivindicación social desa tarde.
Na réplica, a deputada mostrou a súa decepción pola resposta do director xeral e acusou a TVG de ser o únicos que non viron a envergadura da manifestación e preguntou porqué o día catro e cinco só saíu o Partido popular ao igual que o día 19, 20,21,22, e 23 e hoxe mesmo cando segue habendo problemas no hospital como denuncian profesionais mesmo decidindo unha xornada de paro.
Para a deputada o director da CRTVG non pode xustificar o inxustificable polo que volveu preguntar si é o PP quen paga os medios públicos ou somos todos os galegos e galegas.