Montse Prado: " O PP non é o dono da TVG, pagámola todos e todas"
A parlamentaria do BNG, Montse Prado arremeteu hoxe contra o director da CRTVG por ser cómplice das directrices que o PP lle marca nas informacións
A deputada do BNG, Montse Prado mostrouse hoxe especialmente crítica coa política informativa da RTVG que cualificou de indecente, asfixiante e cunha presenza esmagadora do Partido popular.
A deputada formulou unha pregunta na comisión de control de RTVG relativa o enfoque informativo das delegacións territoriais do TVG denunciando que o PP non é dono da Televisión galega e recordoulle ao director xeral, Alfonso Sánchez Izquierdo que o medio público pagámolo todos os galegos e galegas e o sometemento do Partido popular sobre o ente público.
Asemade, lembrou que non ámbito territorial a información non respecta a pluralidade política, oculta sistematicamente as noticias xeradas polo BNG na actividade municipal e nega á cidadanía o coñecemento do traballo e iniciativas desta forza política.
Noutra orde de cousas, denunciou a falta de rigorosidade do medio público para desenvolver a súa función e os principios polos que foi creado.
A deputada reiterou que o trato informativo é diferente cando os alcaldes son do PP ao igual que o número de aparicións en pantalla como demostran as imaxes de Negreira e Agustín Hernández fronte a ausencia de Miguel Anxo Fernández Lores. Resulta escandaloso dixo, o gran número de exemplos que podemos enumerar sobre esta cuestión á que sumou a falta de cobertura informativa das roldas de prensa do grupo municipal de Santiago, mesmo ausentándose da sala de prensa cando o BNG comparece. Tras a rolda de prensa do BNG, explicou, os/as xornalistas da TVG, por indicación dos responsábeis do medio, agardan nos corredores do Pazo de Raxoi para proseguir co seu traballo e buscar reaccións do alcalde sobre as propostas do BNG.
Na Coruña, esta situación se reproduce chegando a só dúas informacións do BNG emitidas durante todo o mandato municipal. En Pontevedra tampouco acoden ás convocatorias do concello coa escusa de cubrir outros actos e a falta de cámaras.
A parlamentaria criticou que a información da cidade gobernada polo nacionalista Fernández Lores sexa relegada a aspectos lúdicos e festivos sempre sen identificar que é o propio concello o que os impulsa e realiza e nunca solicitan unha entrevista cos responsábeis políticos, incluído o alcalde.
O BNG está ausente dos espazos nos telexornais, no Galiza Noticias e tampouco nas desconexións territoriais polo que preguntou cales son os criterios, proporcionalidade e pluralismo político que utiliza a TVG para elaborar a súas información.
Sánchez Izquierdo xustifica a falta de presenza do BNG na Televisión galega na falta de medios nas cidades
O director da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo respondeu que os servizos territoriais contan con moito poucos minutos e habitualmente teñen moi pouco contido político e preferentemente centrado nas institucións das cidades e de maneira destacada o que denominamos informacións social e de servizos, tal e como nos corresponde como medio público e cos poucos recursos que temos.
Por outra banda, as información responden á proporcionalidade da representación ao que a nacionalista tivo que lembrarlle que Miguel Anxo Fernández Lores goberna en Pontevedra respondendo Sánchez Izquierdo que non dispoña do histórico da relación de presenza de Lores na Televisión de Galicia e comprometéndose a corrixilo, se existe esa eiva.