Montse Prado pide a Sanidade que deixe de "disfrazar" de feito puntual os colapsos sanitarios
A deputada dedicou duras acusacións ao xerente do SERGAS por achacar exclusivamente o caos sanitario nos servizos de Urxencias a un brote de gripe e amosou diversas fotografías para denunciar o estado do material nestes servizos
A parlamentaria do BNG formulou hoxe unha pregunta en Comisión sobre as medidas que está a tomar o goberno galego contra o caos producido nos servizos de Urxencias. Para a deputada, o continúo recorte de persoal e medios e o calamitoso estado do material que utilizan habitualmente os doentes nestes servizos seguen a provocar denuncias que o Sergas silencia.
Pola súa parte, o xerente do Sergas, Antonio Fernández Campa Fernández Campa volveu a achacar os colapsos nos servizos de Urxencias dos Hospitais galegos o brote de gripe. O pico da gripe, dixo, chegou antes de tempo e non puidemos reaccionar.
A parlamentaria acusou a Fernandez Campa de mentir e disfrazar o acontecido cando en realidade, afirmou, é un problema estrutural que responde os continuos recortes en medios e persoal. Prado reiterou que o caos hospitalario non é debido ao pico de gripe e así figura no informe da Defensora del Pueblo e nas queixas do persoal da sanidade, das organizacións sindicais e dos afectados e afectadas.
As condicións laborais das persoas que traballan na sanidade, abondou, son inaceptábeis, menoscábanse as condicións dos doentes, non existe coordinación entre os niveles de atención primaria e especializada, eivas, ás que sumou as denuncias e folgas dos profesionais e queixas rexistradas contra o que está acontecendo.
As fotos, a propaganda e os titulares non ocultan a realidade
Porqué estaban as camas pechadas cando era previsíbel un brote de gripe, porqué continuaron coas peonadas e incluso ocupando camas e profesionais que non podían facer ingresos co único fin de rebaixar as súas listas de espera?, preguntou a deputada a Fernández Campa.
Durante a súa intervención a parlamentaria tamén amosou varias fotografías de cadeiras de rodas con importantes desperfectos e amañadas con vendas e esparadrapos para continuar en uso, así é como teñen vostedes a sanidade neste país, abandonada e a punto de rematar con ela.
Non sigan mentindo e amparándose nun momento puntual de gripe, o problema, recalcou, son os drásticos recortes do Goberno do Partido popular sobre a saúde da poboación galega.