Montse Prado denuncia "o ninguneo" informativo do concello de Pontevedra na TVG
O deputada aludiu ao acordo plenario do concello de Pontevedra para reclamar unha información plural e veraz dos protagonistas e actividade política
A deputada Montse Prado formulou hoxe unha pregunta na comisión de control da CRTVG relativa ao tratamento informativo da TVG sobre o concello de Pontevedra que cualificou de partidista e manipulador.
Na súa intervención, lembrou que a finais de 2010 a TVG pechou varias delegacións territoriais, entre elas a de Pontevedra na que traballaban 25 profesionais dos que 12 foron despedidos e 13 trasladados á cidade de Vigo.
Esta medida, dixo, converteu a Pontevedra na única capital de provincia sen delegación da TVG o que provocou unha importante merma da cantidade e calidade da cobertura informativa institucional, política, social, económica e cultural da cidade e comarca.
A deputada preguntou ao director Xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo que actuacións emprendeu o ente público tras recibir o acordo plenario mencionado.
Pola súa parte, o titular da CRTVG respondeu que respecta as opinións da nacionalista pero que non tomará ningunha medida máis que as recollidas na carta enviada ao concello de Pontevedra porque que o déficit informativo do concello está ponderado co resto da provincia.
Na quenda de réplica, Prado denunciou o ninguneo das actividades municipais, e remarcou que cando sae algunha é disfrazada de prensa rosa. Asemade, dixo, se está a producir unha falta sistemática de entrevistas ao alcalde de Pontevedra e os concelleiros/as.
A manifestación do Sergas na que participaron miles de persoas tampouco mereceu interese informativo para a TVG. A deputada remarcou nomeou máis exemplos dos que non se informou na TVG entre os que destacou: os premios e recoñecemento concedidos por entidades europeas e do Estado español ao concello polo seu labor urbanístico e de recuperación.