Montse Prado denuncia dificultades de afectad@s de cancro para a acceder aos tratamentos
A parlamentaria preguntou na Comisión de sanidade as razóns polas que persoas enfermas de cancro non contan cos fármacos necesarios para tratamentos oncolóxicos cerca do seu domicilio
A deputada do BNG, Montse Prado trasladou hoxe á comisión de sanidade as denuncias de persoas afectadas por cancro para acceder a tratamentos oncolóxicos.
Na pregunta parlamentaria, a deputada asegurou que os/as doentes deben trasladarse, ata trescentos quilómetros para recibir os tratamentos, ademais de existir afectados sometidos a un tratamento experimental que levan meses sen recibilo descoñecendo as razóns da paralización dun tratamento que conleva o empeoramento da súa patoloxía.
A parlamentaria responsabilizou desta situación os continuos recortes en sanidade aplicados polo Partido popular, tanto polo Goberno do Estado como galego que están a provocar, afirmou, graves problemas nos procesos oncolóxicos
A deputada asegurou que a situación xeográfica non é a única razón que dificulta o acceso a tratamentos pois os problemas tamén se detectan para adquirir a medicación, neste sentido, lembrou que os propios facultativos levan tempo denunciando trabas para utilizar os tratamentos de última xeración e este tipo de recortes, repercute moi negativamente na saúde dos pacientes
Para a deputada, o uso dos mellores tratamentos oncolóxicos é un dereito irrenunciábel e non podemos tolerar que os recortes en sanidade limiten as prescricións.
Recibir un bo medicamento non pode ser unha cuestión de sorte, e os recortes do PP están a reducir atención e esperanza de vida das persoas con menos recursos, polo que reiterou a súa pregunta sobre as actuacións que levará a cabo o Goberno galego para garantir de maneira universal o acceso das persoas con doenzas oncolóxicas, rematou.