Militantes de Galiza Nova retidos e denunciados por esixir emprego digno ante a conselleira
O Secretario Xeral de Galiza Nova, Alberte Mera, que compareceu en rolda de prensa xunto a Paulo Carballada, responsábel comarcal do BNG na Coruña, e Antía Insua, membro da Comisión Permanente de Galiza Nova, puxo de manifesto que máis de 20 militantes da organización xuvenil foron denunciados e retidos por reivindicarmos emprego digno diante da conselleira de Traballo, Beatriz Mato, nun escracho pacífico, durante a súa intervención nun acto no Palacio de Congresos da Coruña, na tarde deste xoves.
As mozas e mozos de Galiza Nova, organización xuvenil do BNG; que ao berro de 'Queremos traballar e non emigrar!', portaban carteis cos alarmantes datos de desemprego e emigración xuvenil, foron expulsad@s do propio acto a empurróns e sendo zarandead@s pola Garda Civil.
Acto seguido, foron retid@s pola Garda Civil impedindo abandonar o recinto durante máis de media hora para seren identificad@s.
Tras abandonar o recinto, até tres grilleiras da Policía española cercaron ás e aos militantes de Galiza Nova para novamente retel@s e identifical@s.
Poderiamos enfrontarmos a máis de 20.000 euros de multas só por esixirmos traballo digno na nosa terra
Alberte Mera sinalou que os membros de Galiza Nova que protestaron onte no Palexco poderían enfrontarse a máis de 20.000 euros de multas, simplemente por esixir traballo digno na nosa terra, xa que tanto a Garda Civil como a Policía española afirmaron que ían denunciar e tendo en conta que os apercivimentos poden agravar a contía.
Quérennos amedrentar coas multas, mais non o conseguirán
O Secretario Xeral de Galiza Nova, Alberte Mera, avisou ao PP en rolda de prensa que por moito que nos intenten reprimir, e por moito que nos envíen á Garda Civil e á policía, non imos parar de denunciar a situación límite que está a vivir a mocidade galega. E afirmou que nin a represión, nin as identificacións, nin as multas nin as ameazas do PP e da policía van calar a Galiza Nova e continuaremos loitando polo traballo digno na nosa Terra!.