Lobeira propón practicar "insubmisión" contra as cotas comunitarias no litoral galego

O deputado presenta unha iniciativa para impulsar un Plan Galego de Emprego para a Pesca de Baixura e Marisqueo co fin de crear postos de traballo e riqueza produtiva

O Portavoz de Pesca do BNG, Bieito Lobeira afirmou hoxe, ante os medios de comunicación, que “ os problemas do sector pesqueiro en Galiza é político” e negou a escaseza de recursos e pobreza do litoral galego.

No transcurso da rolda de prensa celebrada hoxe no Parlamento galego para presentar a Proposición non de Lei sobre alternativas para á pesca de baixura e marisqueo, o portavoz de pesca nacionalista animou a practicar a “insubmisión” e “desobediencia” en augas galegas contra a política de cotas e topes autorizados pola Unión Europea, porque –ao seu xuízo- “o modelo de xestión debe ser galego e controlado por Galiza”.

O modelo de xestión debe ser galego e contralado por Galiza porque temos competencias propias para elo

O modelo do PP destrúe centos de postos de traballo

O parlamentario rexeitou o modelo do Partido popular que segue  a producir perda de postos de traballo directos e inducidos e amosouse convencido que de ter aplicado outras directrices “poderíase xerar milleiros de empregos e moita riqueza para o conxunto do país”.

Asemade, criticou os grandes esforzos do goberno que dirixe Núñez Feijoo por incentivar a actividade recreativa e acuícola-industrial, “o PP non repara en gastos para celebrar unha grande regata na Coruña  na que durante tres días dilapidará miles de euros” mentres os traballadores e traballadoras do mar seguen en situación precaria que raia incluso “a  miseria”, dixo.

Neste sentido, Lobeira salientou que na actualidade o 60% das mariscadoras a pé perciben ingresos inferiores ao Salario Interprofesional nun colectivo envellecido (o 58% sobrepasan os 51) e sen relevo xeneracional.

Alternativas ao marisqueo e pesca de baixura

A proposición non de lei nacionalista, presentada hoxe por Lobeira quer  impulsar un  Plan Galego de Emprego para a Pesca de Baixura e  Marisqueo que debe incorporar entre as súas prioridades: a recuperación de bancos marisqueiros degradados, crear un órgano Público galego para comercializar o peixe fresco, aumentar os parques de cultivo e surtir de semente os parques a través dunha empresa pública así como fomentar as cooperativas de pesca e marisqueo.

Lobeira tamén aludiu á necesidade de recuperar ambientalmente as rías, apoiar ás reservas mariñas e os  produtos pesqueiros e marisqueiros  galegos para incrementar o seu valor no mercado

Redución de deputados

A preguntas dos xornalistas sobre a intención do Goberno galego de reducir de 75 a 61 os escanos no Parlamento galego, Lobeira asegurou que o Partido popular está convencido de perder as vindeiras eleccións e contra esta circunstancia responde co que cualificou de “golpe de estado” contra a democracia.

O parlamentario nacionalista anunciou que a decisión do Partido popular terá unha “resposta política e tamén na rúa” por tentar utilizar a Galiza como “cobaia” para que segan gobernando os mesmos.

Lobeira concluíu asegurando que o aforro e a austeridade é “a coartada” que utiliza o Partido popular para cometer “unha fraude” e cuestionar a democracia.