Lobeira acusa á RTVG de non informar das Preferentes
O deputado considerou que o tratamento informativo non foi proporcional ao problema xerado por este produto financeiro que afecta a 100.000 persoas en Galiza.
Bieito Lobeira reiterou hoxe en sede parlamentar que, malia enorme magnitude da fraude das preferentes, a RTVG non informou de maneira proporcional ao problema social provocado por este produto financeiro.
No transcurso do debate da pregunta nacionalista formulada na Comisión de Control da CRTVG sobre o tratamento informativo da fraude das participacións preferentes, Lobeira afirmou que este foi realizado de maneiradeformada para non ofrecer unha imaxe dunha Galiza con problemas e conflitos.
O PP xustifica a especulación mentres aplica a austeridade cos máis prexudicados
Neste sentido, engadiu que as mobilización das persoas afectadas denunciando a complicidade da Xunta de Galiza por aplicar a austeridade cos de abaixo, mentres xustifican aos especuladores e ladrón desta estafa, contradí a imaxe de país idílico que a RTVG quer transmitir e esa é a razón, dixo, pola que as informacións incomodas son excluídas da programación do ente galego.
Trala resposta do director xeral da CRTVG que xustificou a corrección na elaboración informativa das preferentes, o deputado do BNG denunciou a censura no tratamento informativo e reclamou a celebración dun debate, no segmento de máxima audiencia, con representantes da plataforma de persoas afectadas, solicitude sobre a que o director da CRTVG non se pronunciou.