Jorquera, sobre López Orozco: "Por hixiene democrática, debe dimitir"
16 de novembro de 2012 (13:45 h.)
O portavoz parlamentar do BNG, Francisco Jorquera, afirmou esta mañá en declaracións aos medios de comunicación minutos antes de se constituír o Parlamento, que o alcalde de Lugo, Xosé López Orozco, que "independentemente de que unha imputación non significa sempre inculpación e hai que respectar a presunción de inocencia, por hixiene democrática, debe dimitir".
Jorquera referiuse así á situación que se está a vivir no concello de Lugo despois da imputación do seu alcalde no coñecido como caso Pokemon.