Jorquera critica o medicamentazo e a suba do IVE, "castigos ás maiorías sociais"
Unha sesión na que Jorquera deixou clara a oposición do BNG a este proxecto porque son fraudulentos con Galiza porque se trata de puros artificios orzamentarios. Son regresivos, sen políticas de estímulo que melloren a economía e o emprego. E aplicarán unhas políticas fiscais inxustas, moi brancas cos defraudadores e moi negras para a maioría social.
Jorquera salientou un dado: o défice acadou case o tope previsto para todo o ano, debido sobre todo ao descenso da recadación polo desplome da actividade económica. E puxo de manifesto que o mesmo Banco de España anunciou que a crise se vai agravar aínda máis polo deterioro do consumo das familias e o incremento do paro.
O portavoz do BNG preguntou ás bancadas do Goberno que máis ten que pasar para que asuman que os recortes só sirven para acentuar a crise. E con este panorama, pretenden por riba subir o IVE e decretar un novo medicamentazo?. Jorquera definiu isto como castigo ás maiorías sociais.
E preguntou ao Goberno se tamén van seguer os ditados da UE e rebaixar o salario aos empregados públicos, van endurecer aínda máis a reforma das pensións e a reforma laboral?. Por que non fan caso cando a Comisión Europea opina que a amnistía fiscal non é unha medida eficiente para loitar contra a fraude?.
O portavoz do BNG apelou á necesidade dun cambio radical de rumbo pero moito me temo que para desgraza de todos vostés son incorrexíbeis.