Iniciativa no Congreso para que se manteña o tren Vigo-Madrid con paradas en localidades de Ourense
Explican as parlamentares do BNG que a posta en servizo do Eixo Atlántico supuxo a eliminación de moitas paradas e servizos de localidades que antes contaban cun tren e agora carecen de servizos ferroviarios. Unha estratexia, que as deputadas do BNG definen de corto placista que obvia as necesidades ferroviarias de Galiza.
Outro recurte ferroviario
Critican ao Ministerio por basear toda a súa estratexia ferroviaria nas liñas AVE, descoidando ou eliminando liñas convencionais ou servizos de media distanza, tan necesarias nun territorio como Galiza que carece de cercanías. As parlamentares nacionalistas critican a supresión por parte de Renfe do tren que facía a ruta Vigo-Ribadavia-Ourense-Monforte-O Barco, cara Madrid.
Como habitúa a suceder no capítulo ferroviario dominado pola obsesión das liñas AVE, unha infraestrutura nova supón a desaparición do existente sen que se ofereza outra alternativa nin se mellore o presente. As deputadas do BNG denuncian este novo recurte ferroviario que pasa a ser substituido por un tren que parte de Ponferrada a Madrid.
É dicer, entre Vigo e Ponferrada xa non haberá paradas en territorio galego. Renfe nin siquera ofereceu un tren ponte que permita enlazar en Ponferrada co novo S-121. Ademáis dun servizo ferroviario menos, debemos denunciar o oscurantismo do Ministerio que non deu información transparente aos usuarios que simplesmente se atoparon cun servizo eliminado.
Afirman as deputadas nacionalistas que á vista de todo isto, está claro que o modelo para Galiza é do máis reduccionista: ficaremos cun mal definido AVE, e un Eixo Atlántico que conecta as principais cidades galegas pero sin ter tren entre poboacións intermedias que contaban antes con servizos de tren. Alerta o BNG dos perigos de relegar as conexións ferroviarias a liñas de alta velocidade.
Demandan a Fomento que repoña o tren desde Vigo que facía as paradas aludidas ou cando menos que ofereza aos usuarios un servizo coas mesmas paradas até Ponferrada e alí poder conectar co novo S-121.