Guillerme di que a venda de NovaGaliciaBanco é o froito da política de "Si Buana" de Feijóo
O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, afirmou hoxe que a anunciada venda de NovaGaliciaBanco é a consecuencia da política de si buana practicada por Alberto Núñez Feijóo. Foi na concentración en apoio a Carlos Callón esta mañá na Coruña.
Sobre as medidas anunciadas esta semana afirmou que estamos ante un desastre porque supón milleiros de empregos que se van perder, o roubo de parte importante dos cartos estafados polas preferentes, a expatriación do aforro galego.
Estamos ante a crónica do asasinato anunciado do sistema financeiro galego que ten como actores a Unión Europea, Rajoy e Feijóo, opinou e criticou que o Estado utilice coma sempre un doble raseiro que fai que a Bankia lle permitan seguir e NovaCaixaGalicia vaia ser vendida.
Esa política do señor Feijóo de dicir constantemente 'si buana' ao señorito de Madrid, lévanos a que buana, desprece os intereses de quen se acaba comportando como un escravo.
Estamos, tal e como enfatizou Guillerme ante unha traxedia derivada da mala xestión e da toma de decisións nas que participaron PP e PSOE.
A cuestión neste momento, afirmou o portavoz nacional, é se a Galiza lle interesa ter un sistema financeiro propio e se é que si, ou banca pública galega ou que outros fagan outra proposta.
Debate de Investidura
Sobre o debate de investidura rematado onte, Guillerme afirmou que ficou claro que do que xa é señor presidente da Xunta nada hai que agardar. Hoxe mesmo dicía iso de que Galiza chegará a fin de mes, o que non nos conta é como o fará.
Houbo un discurso alternativo, concreto, unha folla de ruta que expresou nese debate o BNG por boca de Francisco Jorquera, concluiu.
http://youtu.be/jWGiBvRAVRI