Galiza Si!
30 de setembro de 2014 (19:42 h.)
O 7 e 9 de outubro celébrase o Debate sobre o estado da nación no Parlamento Galego. Trátase dun dos debates máis importantes que se celebra na Cámara Galega e constitúe unha boa oportunidade para debater sobre a situación que atravesa o pobo galego e trazar alternativas que constrúan un futuro de dignidade e igualdade.
No BNG queremos compartir a nosa idea do momento, recoller a opinión de persoas, colectivos e axentes da sociedade galega e trasladar a síntese e as reivindicacións nas sesións do debate no Parlamento galego. E para isto abrimos este espazo de participación e diálogo.