Ante o fracaso da comparecencia de Gayoso, o BNG solicita unha Comisión de Investigación
Unha solicitude que o BNG asinou conxuntamente co PNV e con Izquierda Plural.
Comparecencias que se convertiron en autocompracencia
Jorquera pón de manifesto a necesidade da Comisión de Investigación ante o evidente e clamoroso fracaso das comparecencias que tiveron lugar onte, de Gayoso, Rato e Elena Salgado. Unha auténtica tomadura de pelo á cidadanía e aos grupos parlamentares que diriximos cuestións de relevancia que nen se respostaron nen aclararon nada.
Nese sentido, aludiu á intervención de Gayoso que debuxou un panorama idílico da Caixa galega e se sacudiu a súa responsabilidade. Para Jorquera é unha vergoña que se nos engane deste xeito e reclamou a constitución da Comisión de Investigación a fin de verter luz sobre a situación actual de Novacaixagalicia.
Na solicitude presentada ante o Rexisto do Congreso, arguméntase a necesidade de examinar as causas e as responsabilidades da crise financeira, investigar as fraudes e abusos, analisar o papel dos supervisores financeiros, os problemas de fluidez do crédito, o papel das axencias de calificación, os salarios dos directivos, entre outros moitos obxectivos.
Ademáis, o BNG quer que a Comisión avalie a xestión realizada polo Goberno no proceso iniciado co resgate, e asegurar que o resgate financeiro ás entidadees afectados non supoña custe algún para a cidadanía, que o proceso de recapitalización permita desbloquear o crédito a familias e empresas e que permita solucións concretas para as persoas que teñan dificuldades coas súa hipotecas.
Na mesma solicitude que achegamos, descrébese a composición da Comisión, a duración e os traballos a desenvolver.