Fernández Davila cualifica de "cinismo político" as afirmacións de Feijóo sobre o taxazo xudicial
23 de novembro de 2012 (15:59 h.)
A portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Olaia Fernández Davila, cualificou hoxe de exercicio de "cinismo político" as afirmacións do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sobre o chamado "taxazo xudicial".
A deputada nacionalista dixo que o presidente electo "parece que quere diferenciarse así do que fan en Madrid, pero alí onde poden tomar as decisións e facer algo ao respecto non o fan".
Olaia Fernández Davila afirmou que "se o PP quere que as taxas xudiciais non sexan gravosas pode facelo, ten que parar a impresión dos documentos que esixen eses pagos".