#feijoomentiran IV: De prometer que ía acabar co paro a encher Galiza de parad@s
A serie #feijoomentiran lanza hoxe o cuarto capítulo centrado nos incumprimentos e as mentiras de Feijóo e do goberno do PP de emprego.
Na campaña eleitoral de 2009 Feijóo comprometeuse co pobo galego a que se o Partido Popular gañaba aprobaría un Plan Autonomico de Emprego a 5 anos para deter, para parar a sangría do paro.
Laiábase daquela de que durante os 4 anos de Goberno Bipartito na Xunta o paro medrase en Galiza en 30.000 persoas e atribuía en exclusiva a responsabilidade ao goberno da Xunta.
3 anos e medio de despois, Feijóo incumpriu todas as súas promesas eleitorais nesta materia. Hoxe en Galiza, é a comunidade do Estado na que máis subiu o paro. Pasou de 162.700 persoas en 2009, cando asumiu o goberno da Xunta, a máis de 275.000 persoas en paro na actualidade.
É dicir, durante os 3 anos e medio de Feijóo máis de 113.000 persoas en Galiza perderon o seu posto de traballo e engrosaron as listas do paro.