Feijóo debe facerse "insumiso" aos novos copagos previstos pola Ministra de Sanidade

Ana Luisa Bouza afirma que se o goberno da Xunta ten 2 millóns de euros para unha campaña de publicidade de Sanidade ten que comprometerse a garantir que se manteña en Galiza a cobertura das novas prestacións que a ministra quere excluir do catálogo de servizos, "un compromiso real non unha mentira electoralista, como fixo coa cobertura sanitaria dos inmigrantes".

O Bloque Nacionalista Galego, a través da súa deputada Ana Luisa Bouza, empraza a Núñez Feijóo a que se declare “insumiso” aos novos copagos en determinadas prestacións sanitarias previstos pola Ministra de Sanidade.

A deputada lamenta que, de novo, as mulleres sexan as principais afectadas polos recortes, pois se fala de restrinxir servizos sanitarios fundamentais como o das memografías

Ana Luisa Bouza considera que se o goberno galego dispón de máis de 2 millóns de euros para costear a reciente campaña de Sanidade sobre o consumo de xénericos, denunciada nos últimos días polos sindicatos, pode e debe costear eses servizos que van ficar excluidos da carteira básica.

A deputada do BNG advirte de que unha vez máis as principais perxudicas polos recortes son as mulleres, pois se está a falar incluso de servizos tan fundamentais para a saúde das mulleres como as mamografías.

Insumisión real, non mentira electoral

Para Bouza, a insumisión de Feijóo ten que ser real, non só de palabra, “non basta con afirmar que el non toma as mesmas medidas que Rajoy, como proclama hoxe nos medios de comunicación, nin anunciar electoralmente que Galiza si vai dar cobertura sanitaria aos inmigrantes sen papeis, pois lida a letra pequena das condicións que esixe fica demostrado que finalmente foi unha mentira electoralista E os inmigrantes tamén terán que pagar pola sanidade en Galiza”.

Despilfarro

A parlamentar lamenta que tan só un mes despois das denuncias do BNG por outra campaña da Xunta pedindo o consumo responsábel de medicamentos, que saiu ao tempo que o medicamentazo, o goberno do PP repita a xogada e invista máis de dous millóns de euros nunha publicidade que o BNG ten alertado en numerosas ocasións que non é útil porque non son os pacientes –destinatarios da publicidade- os que deciden que medicamentos tomar, senón que son os facultativos os que os prescriben.