Éxito do #14N: un pobo en marcha (Vigo)

Manifestación de Vigo

A folga xeral do #14N resultou todo un éxito pola enorme participación cidadá. O paro atinxiu até o 90 por cento na maior parte dos sectores produtivos. As manifestacións foron impresionantes, probabelmente as maiores concentracións da historia do sindicalismo na nosa nación. Arredor de 500.000 galegos e galegas déronse cita na rúa para demandar unha mudanza radical de rumo. A folga foi máis intensa na Galiza que no resto do Estado. O plus diferencial marcouno, máis unha vez, o sindicalismo nacionalista. A rebelión cidadá está en marcha. O PP faría moi mal en desouvir o clamor social.