Unha empresa privada radicada Madrid traduce ao galego os escritos da Axencia Tributaria
Olaia Fernández Davila alude ás informacións de cidadáns galegos que ao tramitaren as súas declaracións da renda en lingua galega, souberon que para receber as comunicacións en galego debían ser enviadas a unha empresa en Madrid
Davila faise eco das informacións dalgúns cidadáns galegos que nos fixeron chegar as súas preocupacións en relación á metodoloxía empregada polo Ministerio para que as comunicacións das súas declaracións sexan respostadas tamén en galego. De maneira tanxencial, ao tramitaren as súas declaracións, souberon que debían ser enviadas a unha empresa a Madrid para seren respostadas na mesma lingua.
A deputada do BNG amosa a súa estraneza ante esta posíbel externalización do servizo de traducción, e por riba, coa posibilidade de que sexa unha empresa que nen siquera está na Galiza. Unha traducción que antes se facía nas mesmas delegacións de Facenda. Cabería deducir que dado que a Administración Xeral do Estado despediu a moito personal laboral ou interinos, podería ocurrir que Facenda externalizara o servizo.
Independentemente de que en momentos punta como as campañas da renda sexa preciso incrementar os efectivos laborais, a cuestión é que nos resulta sorprendente que se envíen as declaracións a Madrid para seren traducidas ao galego.
De aí que a deputada do BNG decidise aclarar esta cuestión presentando unha pregunta ao Ministerio de Facenda.