Doce organizacións nacionalistas asinan un manifesto conxunto con motivo do Día da Patria Galega
22 de xullo de 2013 (21:00 h.)
Diversas organizacións nacionalistas, convocantes no seu día dunha mobilización nacional, o pasado 3 de marzo, pola soberanía, veñen de asinar o manifesto Viva o Día da Patria Galega! con motivo do 25 de xullo.
O manifesto, subscrito por Agir, Bloque Nacionalista Galego, Briga, Causa Galiza, Central Obreira Galega, Comités, Confederación Intersindical Galega, Federación Rural Galega, Galiza Nova, Isca!, Liga Estudantil Galega e Nós-UP, apela á necesidade de acadarmos a soberanía nacional para Galiza.
DESCARGAS:
Manifesto "Viva o Día da Patria Galega!"