As deputadas e deputados do BNG estrean blogue
O blogue de cada deputad@ inclúe artigos, informacións e opinións de temas de actualidade política e social e pretende establecer unha canle directa coa cidadanía
Os parlamentarios do BNG, Carme Adán, Ana Pontón, Tereixa Paz e Daniel Rodas poñen a andar os seu blogues, a partir do vindeiro luns 24 de febreiro.
Neste novo espazo serán publicadas as informacións derivadas da actividade política, artigos de opinión, textos de interese e información relativa a xornadas, encontros, conferencias e actos políticos e socias nos que habitualmente participan os parlamentarios do BNG.
O novo soporte pretende achegar tamén á cidadanía todas as informacións que os deputados e deputadas do BNG realizan na Cámara galega ademais da súa participación en actividades extraparlamentarias.
As persoas interesadas poderán establecer contacto c@s deputad@s e facer as achegas que consideren oportunas porque o obxectivo da nova canle, é facilitar a comunicación entre os deputados e deputadas do BNG e a cidadanía.
As persoas interesadas en acceder ao blogues dos deputados e deputadas: Carme Adán, Tereixa Paz, Ana Pontón e Daniel Rodas deberán entrar a través dos seguintes enlaces:
Cada blog recolle unha biografía do deputado ou deputada, información actualizada da actividade política diaria no Parlamento galego, debates en sesión plenaria e comisión, contido das iniciativas parlamentarias, un enlace directo á páxina web do Bloque Nacionalista Galego e outro enlace a twiter así como as valoracións e comentarios d@s deputados sobre as últimas noticias de actualidade política.
Baixo os epígrafes, Tecín soia a miña teia (Ana Pontón), Cartografías de Nación(Carme Adán), Enrolado no mar de Galiza Daniel Rodas e ( Debullando mazarocas),Tereixa Paz os representantes do BNG no Parlamento galego analizarán no seu blog todo o relativo ao acontecer político baixo unha perspectiva nacionalista que queren compartir con tod@s vós.