Davila rexeita a lei de Cañete de Avaliación Ambiental porque "vai contra o medio ambiente"
A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, defendeu este mediodía no pleno da Cámara a emenda á totalidade do BNG ao proxecto de lei de Avaluación Ambiental porque é un paso atrás en materia medioambiental porque vai acortar os prazos para os estudos de avaliación ambiental.
Criticou a filosofía da lei do PP porque parte dunha idea preconcebida de que as avaliacións de impacto ambiental e estratéxica entorpecen. Nesa liña, avánzase cara a integración dos procedementos de Avaliación de Impacto Ambiental e Avaliación Ambiental Estratéxica, precisamente en sentido contrario á dirección da normativa comunitaria.
Ademáis, subliña que tamén se vai cara unha maior centralización e invasión de competencias, progresando aínda máis na intervención da Administración Xeral do Estado en obras e proxectos de interese autonómico.
Davila considerou que o proxecto é inoportuno porque se está na UE nun proceso de reforma das directivas comunitarias. Polo tanto, é máis que previsíbel que esta lei que traen aquí correndo teña que ser revisada para adaptala á nova normativa comunitaria.
Concluiu Davila que estamos ante un proxecto de lei con aspiración reduccionista, de acortar os prazos dos expedientes de avaliación ambiental, que afectará á calidade dos estudos de impacto ambiental e repercutirá na prevención e protección medioambiental.