Davila reprocha a Rajoy que só procure mán de obra barata e implante a inxustiza social
Consellos Europeos que pasan da necesaria recuperación social
A deputada do BNG empregou un comento do propio Rajoy sobre os Consellos Europeos, quen sinalou que agardaba que os Consellos Europeos non se convertisen en encontros episódicos sen trascendencia. Pois ben, estamos ante outra cimeira europea sen trascendencia, na que nada se resolve porque o poder de decisión está noutras máns.
Davila criticou o marcado carácter economicista do último Consello e reprochoulle que non adicasen nen un minuto á necesaria recuperación social. Non falaron das consecuencias dos recortes e da eliminación de dereitos sociais, nen da situación da cidadanía europea.
Vostede falou de creación de emprego, pero que tipo de emprego? Un emprego acompañado dun grande empobrecemento dos traballadores. Traballos con salarios á baixa, con máis xornadas laborais, con menos dereitos que só están a levar á inxustiza social, espetou a deputada do BNG a Rajoy.
Criticou que a única obsesión da UE sexa a de asentar mán de obra barata como sucede no estado español.
En relación a Ucrania, censuro que se estea a lexitimar un Goberno que non foi elexido nas urnas, que se asentou ao albur de movilizacións sociais nas que houbo incluso brotes de violencia. Mentras lexitiman iso en Ucrania, no estado español pretenden implantar unha lei para impedir que os cidadáns se manifesten e se movilicen nas rúas, unha lei cuestionada incluso polo Tribunal Constitucional.
No que atinxe ás relacións con África e a inmigración, Davila reprochou a Rajoy o absoluto desinterese da UE en relación á inmigración que non se arranxa con represión nas vallas nen con concertinas, senón que se debe arranxar mellorando a vida destas persoas en países de África.