Davila reclama a Facenda formularios en papel para as reclamacións de emigrantes retornados
Davila lembra a inxustiza que sofreron e sofren miles de emigrantes retornados polo puro afán recadatorio de Facenda que os perseguiu con multas e sancións a pesar de que desde o inicio se demostrou que existía descoñecemento e falla de información sobre este tema, ademáis dunha normativa confusa e ambigüa.
A deputada do BNG pón de manifesto que miles de emigrantes retornados con pensións do estranxeiro tiveron que enfrontar con moito tesón a inxustiza da Axencia Tributaria e movilizarse continuamente nas rúas.
A Administración ten o deber de facilitar os trámites
Desde o 1 de xaneiro deste ano, os afectados poden reclamar perante a Axencia Tributaria a condonación das sancións, dos intereses e dos recargos pero cando pensabamos que se podería comezar o 2015 resolvendo parte do problema, resulta que a Axencia Tributaria non pón as cousas doadas aos afectados porque só poden facer a tramitación do procedemento através de internet.
A deputada do BNG lembra ao Ministerio presidido por Montoro que se trata de persoas maiores, pouco instruídas nas novas tecnoloxías ou na realización de trámites on line. Por riba todo se comprica porque precisan DNI electrónico e certificado electrónico de autentificación de cliente.
A fin de facilitar os trámites, sería desexábel que o Ministerio se amosase sensíbel ás distintas situacións deste enorme colectivo de afectados e habilitase impresos en papel nas distintas delegacións tributarias. Razón pola que a parlamentar nacionalista dirixe unha batería de preguntas ao Ministerio:
Por qué razón a Axencia Tributaria non facilita impresos en papel aos pensionistas retornados para demandar a condonación das multas, os intereses de mora e os recargos? Por que só poden facer este procedemento por internet? É consciente o Ministerio de que se trata de persoas de avanzada idade ás que lles resulta difícil facer estos trámites vía internet? Vai habilitar formularios en papel?.