Davila pregunta pola redución das peaxes entre Vigo e Pontevedra
A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, rexistrou unha iniciativa parlamentar para preguntarlle á Ministra de Fomento cando se vai pór en marcha a reducción dos prezos das peaxes anunciada para o tramo situado entre Vigo e Pontevedra.
A deputada do BNG quer saber cal vai ser a contía da rebaixa e se se van incluir outros tramos da AP-9.
A AP-9 perde usuarios constantemente
Davila lembra que o BNG se dirixiu a Fomento en numerosas ocasións para que procurara unha rebaixa dos prezos das peaxes da AP-9 debido aos seus elevados custes. Circunstancia que está provocando unha auténtica espantada de automovilistas e usuarios que deixaron de utilizar a autoestrada. No último ano, e segundo dados de Fomento, o tráfico no tramo Vigo-Pontevedra descendeu en máis dun 8%, cifra que se debe sumar ao descenso do 6% nos tres últimos anos.
Ademáis de ser a peaxe máis cara da AP-9, o prezo desta peaxes, igual que outras desta autoestrada, viuse sometida a excesivas e abusivas subas que nos últimos dez anos levou a un incremento dun 50%, sinala Davila.
A deputada do BNG alude ás declaracións da Ministra de Fomento anunciando a sinatura dun protocolo coa concesionaria AUDASA para incluir a cuestión das rebaixas das peaxes.
Olaia Fernández Davila pide a Ana Pastor que informe da data na que podería entrar en vigor estas reduccións das peaxes, así como de si se van incluir outros tramos da AP-9-