Davila pide a Tejerina que corrixa de imediato os topónimos deturpados: "Cotobad" ou "Sangenjo"
O Nomenclátor oficial de Galiza está na web da Xunta
Davila critica a resistencia da Administración Xeral do Estado en asumir o Nomenclátor de Galiza que se pode atopar na mesma web da Xunta. E amosa o total desconcerto do BNG por ver cómo nun mapa de Costas se usan formas toponímicas deturpadas como Cotobad, Puenteareas, Sangenjo, Villanueva de Arosa, entre outros.
Sinala a portavoz do BNG que a castelanización da toponimia oficial galega raia no surrealismo porque chega ao nivel dunha deformación incluso dañina para a vista. Pide ao Ministerio que preside Tejerina que modifique canto antes as formas toponímicas galegas incorrectas e deturpadas.
A deputada do BNG dirixe unha batería de preguntas ao Goberno en relación a este tema que sobre o que o BNG leva anos batallando. Custa moito esforzo lograr que a Administración Xeral do Estado asuma e respecte a toponimia oficial de Galiza. Como é posíbel que a Direción de Costas exhiba nunha presentación sobre actuacións no litoral de Pontevedra un mapa con topónimos deformados, castelanizados e que non se corresponden coa legalidade lingüística vixente?
Como se explica que se realice un acto deste tipo sen antes comprobar que se está a utilizar a toponimia oficial e correcta? Non supón este tipo de comportamentos un total desprezo á legalidade lingüística vixente? Vai dar instrucións pertinentes para que todos os organismos do Ministerio respecten escrupulosamente a toponimia oficial de Galiza?.