Davila pide reforzar o Fogasa para rematar co atasco que prexudica a miles de traballador@s
Davila explica que a 31 de marzo, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) acumulaba máis de 13.814 expedientes sen tramitar na Galiza. Uns expedientes que afectan a 20.997 traballadores. No conxunto do estado, puntualiza, contabilízanse 201.673 expedientes pendentes e 306.542 afectados.
Un problema que se arrastra desde hai tempo
Sinala a portavoz do BNG que non é a primeira vez que o BNG se dirixe ao Ministerio de Emprego por este tema que se tería que ter resolto hai meses porque mantén en vilo a miles de traballadores e traballadoras que viven con angustia a súa situación. Davila responsabiliza ao Ministerio do enorme retraso no pagamento das prestacións pendentes de cobro por non querer aumentar os recursos humanos do Fogosa e rematar co atasco existente.
Dado que non estamos ante un problema novo, preguntámonos como é posíbel que o Goberno non adoptara medidas urxentes para solucionar un atasco que ten graves consecuencias sobre a situación económica de miles de traballadores.
Olaia Fernández Davila critica a política de aforro obsesivo do Goberno que leva a situacións lamentábeis a miles de persoas.