Davila pide un Protocolo de asistencia a familiares de cidadáns que falecen no estranxeiro
A deputada do BNG sinala que cando ocorren catástrofes, sinistros ou accidentes con moitas mortes en distintos lugares do estranxeiro no que se ven involucrados cidadáns españois, presupónse a atención do Goberno, das Embaixadas ou Consulados ás familias ou persoas do entorno das vítimas. Como recentemente vimos en relación ao tráxico accidente de Germanwings.
Máis, afirma, non sucede o mesmo cando se trata de accidentes ou sinistros máis particulares, que non teñen transcendencia mediática nin están implicadas numerosas persoas. Falamos de accidentes de tráfico ou outro tipo de sinistros tráxicos que se cobran a vida de moitos cidadáns españois cuxas familias se ven obrigadas a enfrontarse a un proceso moi doloroso sen contar con ningún tipo de asistencia por parte do Goberno.
Embaixadas e Consulados néganse a dar asistencia en casos así
Davila exemplifica o tema nun caso que tivo moita transcendencia pública na plataforma de internet: change.org. Uns pais relataban con grande pena a perda da súa filla en Londres mentras camiñaba co seu mozo e foi arrollada por persoas que participaban nunha carreira de coches. Os pais foron avisados pola policía británica que lles pediu que viaxasen alí. Durante dous días permaneceron na urbe londinense sen receber ningún tipo de atención, nin psicolóxica, nin intérprete nin axuda para os trámites burocráticos a pesar de que requeriron axuda da Embaixada.
Afirma a deputada do BNG que casos como o ilustrado son habituais e numerosos, e poñen en evidencia a falla de atención a cidadáns españois que perden a un ser querido no estranxeiro. É verdade que existen as Embaixadas e consulados, pero non sempre están presentes nas zonas das mortes. Ademáis, de que á luz das múltiples testemuñas coñecidas, os organismos consulares negan asistencia a familiares de falecidos en accidentes no estranxeiro.
Por qué razón as Embaixadas e Consulados néganse a dar asistencia en situacións como as referidas? Non é posíbel aprobar un protocolo e asistencia e apoio para as familias que sofre a perda dun ser querido no estranxeiro?.