Davila pide a Facenda que regularice a situación tributaria dos preferentistas para non prexudicalos
En concreto, a deputada do BNG pide que a Axencia Tributaria non considere unha alteración da situación patrimonial destes contribuíntes os aforros recuperados parcial ou totalmente pola comercialización fraudulenta das participacións preferentes e obrigacións subordinadas.
Un enorme colectivo que pasou un calvario e que agora se enfronta ao problema do tratamento fiscal
Davila lembra que a estafa das preferentes afecta a centos de miles de persoas, que tiveron que loitar de maneira incansábel para poder recuperar parte ou a totalidade dos aforros investidos. E aínda continúan. Máis agora se enfrontan a un novo problema que é o tratamento fiscal aos aforros recuperados.
A portavoz do BNG reprocha a Facenda que en lugar de contemplar o carto recuperado como a disponibilidade dos aforros que estaban inmovilizados, a Axencia Tributaria está a avaliar a restitución como unha alteración da situación patrimonial dos preferentistas. Polo tanto, se a Axencia Tributaria considera que esta restitución supón un aumento patrimonial, veránse obrigados a tributar máis a pesar de serene vítimas do maior engano bancario que se lembre.
Davila advirte que no caso de se realizar a venda das accións recibidas obrigatoriamente cunha perda por liquidez do 13,8% e ser superior aos 500 euros, obrígase a facer a declaración da renda aínda que o contribuínte non teña obriga de realizala por calquer outro motivo. A parlamentar nacionalista pón de manifesto que esta situación se deriva dunha clasificación caprichosa e arbitraria das rendas que non permite a compensación entre rendas de aforro similares, tendo en conta que a conversión dos aforros en preferentes en accións foi obrigatoria.
Davila alerta ao Ministerio de Facenda desta cuestión a fin de non caer noutra inxustiza dentro dun enorme colectivo de afectados que xa sufriu o seu calvario. Ademáis, formula unha serie de preguntas sobre este tema a Montoro.