Davila pide a comparecencia de Montoro para suspender a aplicación da Reforma Local
Davila subliña que a Lei de Racionalización e Sostenibilidade da Administración Local aprobado polo Goberno o pasado mes de xaneiro, recibiu un novo varapao, esta vez por parte do Consello de Estado. Lembra que o Tribunal Constitucional xa admitiu nove recursos presentados por Gobernos autonómicos, por parlamentos autonómicos e por 130 deputados do Congreso, entre eles as deputadas do BNG.
Unha lei fortemente cuestionada por todos
A lei, sinala a deputada nacionalista, tamén foi recorrida ao Constitucional por 2.000 municipios, e precisamente a raiz deste último recurso o Consello de Estado emitiu un segundo dictame sobre a lei que pón en cuestión a súa constitucionalidade.
Davila considera que á luz deste dictame, o Goberno debería proceder a suspender a aplicación da norma mentras o Tribunal Constitucional non resolva os diferentes recursos. Por iso, dirixe unha batería de preguntas ao Ministerio para coñecer a avaliación que realiza en relación ao segundo dictame do Consello de Estado sobre a Reforma Local.
Dada a natureza controvertida da lei, unanimemente criticada e cuestionada polas corporacións locais de todas as cores, non considera que se debería dar marcha atrás na aplicación da norma? Non se debería suspender a aplicación desta lei até que o Tribunal Constitucional resolva os recursos? Non cre que é realmente o que toca facer?