Davila pide a Cañete que presiona á UE pola situación dos cefalopodeiros excluidos de Mauritania
Hai unha xunta programada para o 17 e na orde do día non figura a situación dos barcos cefalopodeiros galegos que levan máis dun ano amarrados e sen posibilidades de pesca alternativas. Ademáis, critica a tardanza en aprobar axudas para os afectados e a tardanza en pagalas.
Davila recolle o malestar dos afectados galegos porque as esperanzas se alonxan cada vez máis, e agora só se fala de barcos que participen en campañas experimentais para avaliar a situación do polbo. É dicer, que algún barco cefalopodeiro galego puidese participar nunha campaña experimental aínda que tampouco parece que Mauritania estea moi predisposta.
Un Acordo moi mal xestionado e tripulantes aínda sen cobrar
A deputada do BNG sinala que as continuas largas de Mauritania e da UE ás necesidades e protestas da frota galega provocou un grande malestar entre os afectados. Razón pola que a parlamentar nacionalista dirixe ao Goberno unha batería de preguntas: Presionou o Goberno á UE para que na xunta do 17 figure a problemática dos cefalopodeiros galegos? Cal é a posición do Executivo ante un Acordo do que só se están a utilizar unha pequena parte das súas posibilidades de pesca? Considera que se pode manter e custear un
Acordo que discrimina a cefalopodeiros e ademáis se infra utiliza?.
O Convenio de Pesca vai ser votado na Eurocámara os vindeiros 7 e 8 de outubro.
Davila preocúpase pola situación da frota galega, e quer saber por que motivo se están a pagar as axudas aos tripulantes con retraso. Non cre que dada a gravedade da situación económica destes traballadores do mar, deberían percebir as prestacións comprometidas? Estánse a procurar outras posibilidades de pesca?.